HomesociedadeDescende o paro en abril no sur da provincia, principalmente na comarca...

Descende o paro en abril no sur da provincia, principalmente na comarca de Sarria, mentres aumenta na de Chantada

CCOO destaca os bos datos das comarcas de Quiroga, Sarria e Lemos e amosa precoupación polos malos datos de Chantada, ao aumentar en 27 persoas. Denuncian os numerosos casos de explotación no sector agrogandeiro, "con xornadas maratonianas, sen descanso e con salarios inferiores ao salario mínimo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A secretaria de acción sindical de CCOO, máximo responsable das comarcas do sur lucense congratúlase das boas cifras do paro, “como consecuencia da reforma laboral”, aseguran. Os mellores datos déronse na comarca de Sarria, con 53 parados menos sendo o sector servizos, o mellor nicho de contratación.

Paro na comarca de Sarria 861 (-53):

  • O Incio, 38 (-1)
  • Láncara, 88 (-2)
  • Paradela—19(-5)
  • O Páramo, 32 (+2)
  • Samos, 29 (-7)
  • Sarria, 636 (-39)
  • Triacastela, 19 (-1)

Paro na comarca de Lemos, 1338 (-9):

  • Bóveda, 39 (+2)
  • Monforte de Lemos, 972 (-6)
  • Pantón, 86 (-5)
  • A Pobra do Brollón, 48(-4)
  • O Saviñao, 126 (=)
  • Sober, 67 (+4)

Paro na comarca de Quiroga, 243 (-12):

  • Folgoso do Courel, 42(-4)
  • Ribas de Sil, 42 (-3)
  • Quiroga, 159 (-5)

Paro na comarca de Chantada, 526 (+27):

  • Carballedo, 63 (+8)
  • Chantada, 377 (+20)
  • Taboada, 86 (-1)

CCOO Lemos valora moi positivamente a sentenza do Xulgado Social, nº1 de Lugo, contra o empresario da antiga gardería de Caixa Galicia. Considérana sentenza pioneira e exemplar, “Esta sentenza por incumprimento do pago puntual de salarios, de forma reiterada durante varios meses a unha traballadora (educadora infantil) cunha antigüidade de 9 anos crea un precedente contra este tipo de condutas anti sindicais de empresarios que de forma premeditada así como discriminatoria, atrasan de mala fe o pago das nóminas despois dos primeiros 5 días do mes”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...