HomesociedadeCorte da estrada LU-P-4102, entre Ferreira de Pantón e Currelos, desde este día...

Corte da estrada LU-P-4102, entre Ferreira de Pantón e Currelos, desde este día 9

A partir do martes, 9 de maio, a estrada LU-P-4102, cortarase puntualmente o tráfico na estrada que une Ferreira de Pantón e Currelos, no concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes cortes débense ao inicio das obras de mellora na vía, entre os quilómetros 10,907 e 14,700, coas que se procederá ao fresado e posteriormente a executar o estendido de aglomerado en quente. 

Habilitaranse desvíos cada 200 metros que estarán debidamente sinalizados na zona. A duración dos traballos estímase en 10 días hábiles. A Deputación inviste preto de 113.000€ nesta actuación, adxudicada á empresa Fevisa Vías e Obras, SL.

Mellora da estrada principal de Vilademouros no Incio

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora da vía municipal que vertebra a parroquia de Vilademouros, no municipio do Incio, convidado pola asociación veciñal desta parroquia. A institución provincial financia estes traballos a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos, desenvólvense en dúas fases cun investimento de 90.000€.   

José Tomé mantivo un encontro con veciños e veciñas de Vilademouros no propio local social do colectivo, que foi arranxado en diferentes anualidades coa colaboración da Deputación provincial, contribuíndo coa subministración de auga ou coa creación da pista deportiva.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...