HomePolíticaA candidatura socialista no Saviñao quere que "o concello rexurda do estancamento...

A candidatura socialista no Saviñao quere que “o concello rexurda do estancamento de 30 anos”

Os socialistas do Saviñao presentaron este domingo a candidatura coa concorren ás vindeiras eleccións municipais, que encabeza novamente o oceiro municipal do PSdeG, Celeste Rodríguez Pombo. “Temos que conseguir entre todos e todas que O Saviñao rexurda do estancamento que padece dende fai 30 anos, para que volva ó seu esplendor social e económico, e situalo como un referente na nosa comarca”, subliñou o candidato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ó presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Antonio Quiroga Díaz, participou neste acto, ó que tamén asistiron responsables orgánicos do partido, así como militantes, simpatizantes e veciños do municipio e da comarca.

O líder socialista vaticinou un bo resultado electoral: “Torres máis altas caeron, e as do PP no Saviñao, caerán, seguro. Tirarémolas os socialistas nas urnas o próximo 28 de maio, coa forza do noso traballo, coa forza dos votos”. Lembrou que desde a Deputación destinaran máis de dous millóns e medio de euros a investimentos no municipio, “sobre todo para mellorar estradas municipais, accesos e pistas, estradas provinciais, contratación de persoal, o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar e para colectivos veciñais, e actividades culturais e deportivas.”

Pola súa banda, Celeste Rodríguez Pombo dixo sentirse moi orgullo da candidatura que o acompaña nesta cita electoral: “Son 16 persoas, veciñas e veciños do Saviñao, preparados, con experiencia e dispostos a traballar polo futuro da nosa vila e das nosas parroquias. Remexeremos cada recuncho en busca de investimentos empresariais para O Saviñao coa finalidade de fornecer a oferta de emprego. Protexeremos  e impulsaremos o noso comercio local e tentaremos dinamizar proxectos ligados ao turismo, á paisaxe e aos produtos locais”. O candidato socialista comprométese así mesmo a “garantir os servizos públicos que melloren a calidade de vida dos máis febles, dos nosos maiores e de quen máis o precisa”.

A candidatura socialista do Saviñao está composta por:

  • Celestino Rodríguez Pombo
  • Begoña Vázquez Sánchez
  • Javier Gallardo Fernández
  • Santiago Gómez Rodríguez
  • Judit López Doutón
  • Jenifer Sánchez Gallardo
  • Eduardo López Pérez
  • María Rodríguez López
  • José Manuel López Rodríguez
  • Patricia Rodríguez Alonso
  • Simón Cancelas Fernández
  • Mónica Domínguez Sánchez
  • José Jaime Díaz Novelle
  • Luisa Méndez Rodríguez
  • Carmen María Casas Rodríguez
  • Luis Varela Aguiar

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...