HomeCulturaOutono cultural en Pantón

Outono cultural en Pantón

O concello de pantón organiza unha chea de actividades para as fins de semana de novembro e decembro.

Publicado o

- Advertisement -

Este outono chega cargado de actividades culturais no concello de Pantón. Xa se coñece o calendario de teatro “Outono Cultural” que comeza hoxe domingo día 28 de outubro ás 18:00h no Edificio Sociocultural de Pantón coa obra “Farsa Plautina” do grupo teatral Os Trocos de Castro de Rei. Por orde cronolóxico, as seguintes pezas teatrais programadas para novembro serán: o día 4 “Un día nas portas do ceo” da Compañía Augas do Sil, o día 11 “Inspector” a cargo de Muxicas e “A verdadeira historia de Manuel de Paderna” da agrupación teatral Lucecús o día 25.

Xa para decembro, o día 2 hai unha obra a cargo de PRODEME co título “Un mal día”, trátase dunha adaptación da obra de Hugo Daniel Marcos; e xa rematando o mes, o 27 representarase a obra “Cachopo máxico” do grupo Lila Teatro.

Outra actividade cultural interesante que se levará a cabo rematando esta semana é un obradoiro de cadros feitos con fios a cargo de dona Lorena Quintas Reijo; será o venres día 2 de novembro no segundo andar do Edificio Sociocultural de Pantón. Soamente hai 12 prazas dispoñibles que se completarán por rigorosa orde de inscrición.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...