HomesociedadeA Pobra do Brollón creará un centro da xuventude na antiga vivenda...

A Pobra do Brollón creará un centro da xuventude na antiga vivenda do conserxe

O Concello da Pobra do Brollón e a Deputación de Lugo asinaron a principios de maio un convenio interadministrativo de cooperación para acondicionar a antiga vivenda do conserxe como centro sociocultural da xuventude na anualidade 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O proxecto, pendente de licitación, será financiado nun 95% pola Deputación de Lugo e o restante 5% polo Concello da Pobra do Brollón. A iniciativa responde ás demandas da xuventude da Pobra do Brollón, posibilitando un espazo seguro e acolledor onde os veciños máis novos poidan xuntarse e compartir intereses.

Talleres educativos, debates, actividades culturais que fomenten a creatividade e actividades lúdicas que favorezan a relación entre os mozos son tan só algunhas das ideas de uso para o futuro centro. En todo caso, serán os propios usuarios os que finalmente definirán as actividades a desenvolver, co obxectivo de que participen activamente na comunidade.

A antiga vivenda onde se situará o centro da xuventude actualmente está en desuso, polo que o proxecto permite optimizar recursos do Concello, recuperando unha edificación infrautilizada. O edificio sitúase nun conxunto de edificacións que formaban parte do complexo escolar, e que nos últimos anos o Concello da Pobra do Brollón está a acondicionar con diferentes equipamentos, como son o pavillón municipal, o novo albergue, o conservatorio municipal de música e seis vivendas de aluguer social.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...