HomePolíticaOs socialistas do Saviñao denuncian que un concelleiro do PP estivo levando...

Os socialistas do Saviñao denuncian que un concelleiro do PP estivo levando xente das vivendas tuteladas a Correos

A agrupación do PSdeG no Saviñao denunciou que no último día para solicitar o voto por correo, un concelleiro do Partido Popular do municipio conduciu a diferentes persoas das vivendas tuteladas de Escairón á oficina postal para solicitar o voto por correo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato socialista, Celestino Rodríguez, asegura que “foron varios os veciños que nos dixeron que un dos concelleiros do PP estivo nesa xornada levando xente da residencia tutelada á oficina postal. Iso non pode ser”. Sinala que “É normal que as persoas que viven alí necesiten axuda para achegarse a Correos, pero para iso está o persoal da empresa que xestiona esa dotación social, porque é o seu traballo. O que non é normal e que un concelleiro que ten dedicación exclusiva, cun salario pagado por todos e todas, ande facendo esas cousas para conseguir votos sectarios para o PP”, sinala o socialista.

As vivendas tuteladas están situadas en Escairón, capital do concello do Saviñao, e contan cunha vintena de prazas. Os socialistas insisten en que “este tipo de prácticas son habituais no PP.”

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...