HomesociedadePlan de dixitalización de Pemes para os concellos do Xeoparque

Plan de dixitalización de Pemes para os concellos do Xeoparque

O proxecto 'O Courel, destino e futuro' ofrece 25 prazas para cursos de formación dirixidos a autónomos, directivos e traballadores dos concellos de Folgoso, Quiroga e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Courel, destino e futuro ofrece 25 prazas para anotarse en cursos de 10 horas de duración –en modalidade de Teleformación– sobre temas aplicables á xestión comercial, á calidade de servizo ao cliente, á tesourería, a Internet, a técnicas de venda, a envases e embalaxes, a finanzas, a marketing dixital, a medios de pago, ou a control de almacén.

A formación, que terá lugar entre o 30 de maio e o 30 de xuño, está dirixida a autónomos, directivos e traballadores de Pemes de calquera sector (comercio, hostalería, servizos, talleres, viños…) dos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga. Os cursos que se presentan están estruturados en micro pílulas formativas aplicables a tarefas propias da súa actividade económica como as devanditas.

Son 20 cursos para elixir o que sexa máis conveniente para o participante e permítese inscribirse nun ou máis, pero respectando a orde de inscrición para asignar as prazas.

Na súa web pódense ver as actividades formativas completas e formalizar a inscrición. E tamén se pode pedir información e pedir a reserva de praza enviando un correo electrónico a desarrollo@ocoureldestinoyfuturo.es

O COUREL, DESTINO E FUTURO

Trátase dun proxecto que ten como obxectivo afrontar o reto demográfico do medio rural de Galicia e está centrado no sur da provincia de Lugo, concretamente nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

Conta coa iniciativa da Consultora NOA INNOVA e está enmarcado nos ‘Planes del Reto Demográfico del MITECO’ para desenvolver diferentes actuacións encamiñadas a poñer en valor as potencialidades do territorio e atraer tanto a novos habitantes e empresas como a fixar poboación nos tres concellos referidos que conforman o Xeparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

O proxecto conta cos seguintes socios: Casa de Outeiro, URBA (Consultora de Urbanismo e Arquitectura), Coureleando e Sabor Rural Galicia; e como colaboradores: Axencia Galega de Turismo, Xunta de Galicia, Campus Terra (USC), Abanca, Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Fundación CEL e Fundación Agroalimentaria Galega (FAGA).

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...