HomeDeportesPrograma Deportivo de Verán do concello de Monforte

Programa Deportivo de Verán do concello de Monforte

No Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte, contémplase a realización de actividades de diversa natureza para adaptarse aos gustos das/os participantes, que van dende fútbol, tenis, natación ou o campamento deportivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na maioría das modalidades está previsto un desconto do 50% do custe das actividades para as familias numerosas, prevese ademáis, a reserva de 6 prazas para persoas con unha discapacidade superior ao 33%. As actividades ofertadas para o verán 2023 son:

1.-Campamento deportivo de verán, distribuído en 3 quendas, de luns a venres de 10:00 a 14:00 h:

  • do 3 ao 14 de xullo
  • do 17 ao 31 de xullo
  • do 1 ao 14 de agosto

Poden participar nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2011 e o 31.12.2018. O custe de cada unha das quendas do campamento é o seguinte:

  • Matrícula sen trasporte: 51,75 € por quincena.
  • Matrícula con transporte: 67,28 € por quincena.

2.-XVII Campus de Fútbol Cidade de Monforte:

O Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo ten como obxectivo que nenos e nenas poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo. A actividades celebrarase entre os días 31 de xullo e 4 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. Dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2009 e o 31.12.2016. O custe da actividade é de 26,91 €.

3.-Cursos de tenis: O horario das clases en cada unha das quendas será os martes e xoves non festivos (clases de 1 hora de duración a partir das 10:00 h.) O custe da actividade é de 20,70 €. O lugar de celebración serán as Pistas Municipais de tenis da Pinguela.

Os cursos de tenis están distribuidos en 3 quendas:

  • do 3 ao 14 de xullo
  • do 17 ao 31 de xullo
  • do 1 ao 14 de agosto

Para participar destas actividades terán que inscribirse de xeito telemático a través da páxina web www.monfortedelemos.es entre o 23 e o 31 de maio. A lista de persoas admitidas e lista de espera publicarase o día 9 de xuño. A inscrición definitiva farase entre o 12 e o 22 de xuño.

4.-Cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal:

Os cursos de categoría infantil e nenos serán intensivos por quincenas con clases de luns a venres, mentres que os cursos dirixidos a bebés e adultos serán mensuais con dúas clases á semana.

Para levar a cabo as inscricións nalgún dos cursos ofertados as persoas interesadas deberán acudir á Piscina Climatizada Municipal a partir do 20 de xuño, as persoas aboadas, e a partir do 23 de xuño as non aboadas.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...