HomeOpiniónRoberto Prado: A campaña do PP é unha relatoría de promesas incumpridas...

Roberto Prado: A campaña do PP é unha relatoría de promesas incumpridas doutras lexislaturas

As declaracións efectuadas en campaña polo candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pantón, son simplemente unha relatoría de promesas incumpridas doutras lexislaturas que leva gobernando e unha infinidade de xustificacións sen ningunha credibilidade.

Publicado o

POR
Roberto Prado, candidato á alcaldía polo PSOE de Pantón
- Advertisement -

Primeiro refírense á construción dun polígono industrial que se anunciou cando Francisco Cacharro gobernaba a Deputación de Lugo, non din a verdade cando din que están comprados os terreos, só fai falta consultar o catastro para ver que non se chega nin ao 50 % do necesario e o Goberno de Cacharro non deixa partida orzamentaria para seguir a comprar máis terreos e por suposto tampouco deixa partida para executar o proxecto.

Se como afirma vai executar agora, hai que lembrarlle que leva 3 lexislaturas con maioría absoluta co Partido Popular na Xunta e nalgún tempo tamén en Madrid, que non se fixo nada para sacar adiante este proxecto

No relativo ás residencias de maiores benvido sexa o acordo cunha Fundación para executar dous proxecto de residencias, máis o convenio asinado coa Deputación de Lugo. O alcalde do Partido Polular segue a esquecerse que leva 3 lexislaturas gobernando e que cando era o responsable de urbanismo votou en contra da idoneidade dunha parcela que agora acepta de bo gusto. Podemos seguir falando do plan urbanístico ou do saneamento, traídas de auga sen terminar, etcétera

De todos os xeitos o máis grave é que era o PP e o actual alcalde os que gobernaban no concello e son os máximos responsables de que non se executarán os proxectos ou non se terminarán en condicións. Nas mans das/os veciñas/os de Pantón está reverter esta situación .

Saúde e liberdade.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...