HomePolíticaAs municipais deixan posibilidade de cambios en Quiroga, Taboada e Samos

As municipais deixan posibilidade de cambios en Quiroga, Taboada e Samos

Tomé co PSOE perde unha concellería en Monforte, Armesto do PP gaña dúas no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG repite goberno na Pobra do Brollón, o municipio guímaro foi dos primeiros en ter o 100% escrutado nestas eleccións municipais. Xosé Lois Maceda e o seu equipo repiten con 6 concellerías, se ben desde onte a información facilitada desde o Ministerio era que perdía unha concellería en favor do PP. Os datos enviados desde o concello son 691 votos BNG con 6 concelleiros, 281 o PP con dúas concellerías e 139 votos para o PSOE. Farase a reclamación oportuna ante o Ministerio por este desfase que se dá na aplicación móbil con respecto aos resultados da Pobra do Brollón.

Bóveda e Monforte de Lemos foron dos seguintes concellos en coñecerse resultados co 100% escrutado. O PP mantén as 6 concellerías que encabeza José Manuel Arias, sobe dúas concellerías o BNG, que perde o PSOE, que pasa de 3 a 1.

En Monforte de Lemos, tamén co 100% escrutado repite José Tomé como alcalde, pero o equipo de goberno perde unh concellería que gaña o BNG que pasa a ter agora dúas. Esperta Monforte mantén a súa representación no pleno da corporación e o PP mantén as catro.

Tomé votando nas municipais 2023 / PSOE

Co 100% escrutado en Sober mantense a mesma estrutura e concellerías o PP encabezado por Luis Fernández Guitián 8, Agroma Sober 2, PSOE 2. En Pantón repite o alcalde popular, José Luis Álvarez, mantendo 6 concellerías, de segunda forza o BNG con 3, e perde 1 o PSOE en favor da candidatura Avanza Pantón. No Saviñao tamén co 100% escrutado o PP, encabezado por Carlos Armesto, gaña dúas concellerías 8, que perde o PSOE pasando de 5 a 3. En Chantada os populares manteñen 7 concelleiros, Por Chantada suma 4 e 2 o PSOE.

Armesto votando nas muncipais 2023 / PP

En Folgoso do Courel os populares, encabezados por Lola Castro, perden unha concellería e quedan con 4, perde unha o PSOE e Courel Vivo sitúase como segunda forza, con dúas concellerías. Ribas de Sil mantense con 5 concellerías o PSOE e 2 PP.

En Sarria, Camiña Sarria é o partido máis votado con 7 concellerías, perde 1 o PP e queda con 5, o PSOE pasa a ter 3 e o BNG mantense con 2.

O panorama político na zona sur mantense aínda que quedan pendentes lecturas por concellos. Posibles cambios en Taboada, o PSOE acada 4 concellerías, 4 o PP que baixaría dúas concellerías e o BNG que conseguiría 3, os mellores resultados dos nacionalistas ata o momento neste concello. En Quiroga perdería a maioría absoluta o PP, que encabezaba Julio Álvarez, que ten 5, perdendo 3, que gaña Independentes por Quiroga. PSOE e BNG mantéñense con 2 e 1 respectivamente. En Samos haberá cambios tamén despois destas eleccións en que o fillo do alcalde socialista se presentaba polo PP. Gañan os populares que obteñen 4 concellerías, segunda forza o BNG e o PSOE perde 3 concellerías.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...