HomeCulturaDerradeiro Festival do Paradiso e logo metamorfose

Derradeiro Festival do Paradiso e logo metamorfose

O sábado, 2 de setembro, no parque dos Condes de Monforte celebrarase a X edición do Festival do Paradiso, que anuncian como derradeira edición para despois buscar outra forma para achegarse á xente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este Festival foi o leitmotiv da Asociación Cultural Náufragos do Paradiso desde o seu
nacemento en agosto de 2011. Nesta proposta que cumpre agora 10 anos, a asociación investiu a meirande parte dos recursos humanos e económicos “para cubrir o que considerábamos unha fochanca cultural que había na nosa comarca. Un Festival, sempre de balde, para que todo o mundo o puidese pasar ben”.

Durante máis de dez anos o Festival do Paradiso foi a estrela polar da asociación, que agora coa experiencia atesourada, quere explorar novas actividades culturais e formatos. “Como persoas seguidoras de Quentin Tarantino, queremos emulalo co 0.001% do seu presuposto, parando a nosa carreira coa décima entrega desta saga festivaleira.”

A proposta é hibernar uns meses para reflexionar e no 2024 rexurdir con novas ideas e formatos. Polo que animan aos seguidores a participar na cita de setembro e agradecen a colaboración recibida ata agora. “Vinde porque esta será a derradeira esmorga do Paradiso! Queremos agradecer nesta viaxe ao noso público e todas as persoas que axudaron para que fose posible. Grazas tamén ao fundamental comercio local, ás Administracións públicas que confiaron en nós e a todas as persoas creadoras de contido cultural. Animamos a todas as iniciativas presentes e FUTURAS que aposten e loiten por este marabilloso formato. Isto non será o final… será un novo comezar”, conclúen,

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...