HomesociedadeCortes de auga en Monforte este martes 6 de xuño

Cortes de auga en Monforte este martes 6 de xuño

Veranse afectadas varias rúas da cidade e o corte está previsto de 9:00 a 13:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa que este martes 6 de xuño, levarase a cabo un corte no subministro de auga co fin de executar as accións necesarias para conectar a tubería de desdobramento da rede de distribución de Monforte de Lemos, actualmente en construción, coa rede de abastecemento da Rúa Leopoldo Calvo Sotelo.

Para acometer os traballos anunciados, resulta preciso realizar un corte na rede de abastecemento municipal o día martes 6 de xuño entre as 9:00 e as 13:00 h, véndose afectadas as rúas seguintes:

  • Rúa San Pedro, margen par.
  • Rúa Zapardiel, ambos márgenes.
  • Rúa Abelino Cachafeiro, ambos márgenes.
  • Rúa Leopoldo Calvo Sotelo, margen impar.
  • Rúa Benito Vicetto, ambos márgenes.

A conexión realizarase na intersección entre as Rúa Curros Enríquez e a Rúa Leopoldo Calvo Sotelo.

O Alcalde, José Tomé, salientou que estes traballos de mellora son necesarios para a execución das obras que se están a facer de desdobramento da rede de abastecemento de auga e aproveitou para agradecer a comprensión dos veciños e veciñas ante as molestias que están a ocasionar.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...