HomeMedio ambiente e PatrimonioSimulacro en Portomarín para poñer a proba o Plan Especial contra incendios

Simulacro en Portomarín para poñer a proba o Plan Especial contra incendios

A Xunta organizou o xoves 8 de xuño esta acción na localidade lucense para reforzar a coordinación dos medios de emerxencias que interveñen no Plan Especial contra Incendios Forestais de Galicia (Peifoga).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nun simulacro de lume en situación 2 como director do Peifoga (Plan Especial contra Incendios Forestais de Galicia), e Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), como director do posto de mando avanzado, situado na base de helicópteros do Servizo de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural en Portomarín.

O operativo respondeu a unha hipotética emerxencia derivada da concorrencia de dous lumes orixinados nos distritos forestais VIII e IX, o primeiro procedente das proximidades de Vilariño, no municipio de Taboada, e o segundo da contorna de Recedendes, na parroquia de Sabadelle de Portomarín.

No simulacro participaron efectivos do Servizo de prevención de incendios forestais de Medio Rural, a Dirección Xeral de Emerxencias, a Axega, Policía Autonómica, Garda Civil, Subdelegación do Goberno, 061, Cruz Vermella, GES de Monterroso, o parque de bombeiros de Chantada, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Portomarín e a Federación Lucense de agrupacións de Protección Civil.

Este tipo de exercicios serven para testar a operatividade dos plans de prevención e defensa contra incendios de Galicia e mellorar a resposta coordinada dos medios e os profesionais que actuarán ante unha emerxencia real nos montes da provincia.

ASÍ FOI O SIMULACRO

Arredor das 10.00 horas da mañá recibíronse as alertas dos dous supostos lumes, contemplando nun primeiro momento a posibilidade de que se tratara do mesmo suceso debido á súa proximidade. Unha vez comprobado que hai dous puntos de ignición, mobilízanse os medios para atallalos, incluíndo helicópteros das brigadas helitransportadas de Marroxo (Monforte de Lemos) e Silleda.

As condicións meteorolóxicas determinan o rápido avance de ambos lumes, que acaban encontrándose preto dos núcleos de Rebordondo e Valcovo. O risco de que se produzan danos á poboación e a bens non forestais determina que se declare a situación operativa 2 sobre as 11.30 horas.

Dende ese momento, enfróntase un só incendio xestionado polo distrito IX e incorpóranse máis medios de extinción e sanitarios; acórdase evacuar o pobo de Valcovo  e confinar á poboación de Rebordondo, Xamogo, Covela e Vilarbasín. O incendio dáse por controlado ás 13.00 horas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...