Homesociedade175 veciñas e veciños de Monforte participaron na 'Xura de Bandeira Civil'

175 veciñas e veciños de Monforte participaron na ‘Xura de Bandeira Civil’

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu este sábado 10 de xuño, en Monforte de Lemos, á Xura da Bandeira de persoal civil xunto co alcalde, José Tomé. Presidiu o acto o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, o Excelentísimo Sr. Don Ignacio Frutos Ruíz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En total, 175 veciños e veciñas de Monforte compareceron este pasado sábado 10 de xuño na Praza dos Escolapios de Monforte para facer a promesa ante a bandeira e deste xeiteo exteriorizar publicamente o seu compromiso coa defensa do país.

Un desfile da ‘compañía de honores’ deu escolta á Enseña Nacional ante a que os xurandos realizaron o xuramento ou promesa e que rendeu honores de ordenanza da Autoridade que presidiu o acto. Coa chegada do Excelentísimo Señor D. Ignacio Frutos Ruiz, Almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, e unha vez recibidos os honores, pasou revista á Forza en formación ao son da marcha militar e recibiu ao Ilustrísimo Alcalde de Monforte de Lemos, o Sr. D. José Tomé Roca, dirixíndose á Presidencia que ocuparon durante o desenvolvemento da Xura de Bandeira.

Colocada a Bandeira, no posto designado para proceder á xura, os xurandos foron chamados un a un para selar co seu xuramento ou promesa o compromiso de defender España. Tras a xura dos 175 participantes tivo lugar unha homenaxe aos soldados caídos, que morreron con honor servindo á súa Patria. Neste momento, o Comternor e un xurando, dirixíronse ao monolito en forma de cruz para depositar unha corona e participar na oración ofrecida polo capelán.

A continuación, cantouse o Himno da Armada e tras pedir o permiso regulamentario, produciuse o desfile da compañía á vista das autoridades e público asistente, e retirouse a Bandeira para que ocupara o seu lugar inicial, rematando o Acto co Himno Nacional.

Rematado o Acto da Xura, o Alcalde acompañou ás Autoridades militares para que puideran visitar a Iglexa da Nosa Señora da Antiga e o museo onde puideron disfrutar das súas obras más significativas: os son dous óleos de Domenikos Theotocopoulos, O Greco, e as cinco tablas de Andrea del Sarto.

D. José Tomé Roca e D. Ignacio Frutos presidindo o acto. Foto: Concello de Monforte.

AGRADECEMENTOS

As autoridades militares quixeron agradecer aos monfortinos e monfortinas presentes a súa compañía nesta celebración e ao Alcalde da Cidade a súa colaboración que resultou imprescindible para o Acto de Xura se puidera realizar.

O Alcalde tamén mostrou a súa satisfacción pola celebración e a alta participación de cidadáns e agradeceu ás Autoridades militares que escollesen Monforte para o desenvolvemento dun evento tan complexo dende loxística e tan emotivo. Esta Xura de Bandeira Civil demostra, dixo José Tomé, “que o obxectivo destes eventos, que é afianzar lazos de unión entre as Forzas Armadas e a sociedade, estase a conseguir satisfactoriamente”.

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...