HomePolíticaO PP insiste en reclamar acceso ao expediente do proxecto da praia...

O PP insiste en reclamar acceso ao expediente do proxecto da praia fluvial de Monforte

O PP de Monforte solicitou formalmente acceso ao expediente á vista da falta de información clara e detallada sobre este proxecto na súa presentación á prensa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular Katy Varela explica que formalizaron a solicitude de acceso ao expediente do proxecto da praia fluvial o pasado 15 de maio “porque o alcalde de Monforte, xusto ao inicio da campaña das eleccións municipais, anunciou o proxecto de creación dunha praia fluvial, por case cinco millóns de euros”.  A día de hoxe aínda non recibiron resposta, co cal entenden que a solicitude foi aceptada e piden data e hora para acceder ao devandito expediente. En palabras de Varela, “segundo a lexislación vixente, os membros da corporación municipal teñen dereito a obter datos e informacións relevantes para desenvolver a súa función e, en caso de denegar esta petición, debe facerse no prazo de cinco días e mediante resolución motivada; en caso contrario, enténdese concedido por silencio administrativo”.

Os populares lembran ademais que “o 10 de maio, o alcalde de Monforte convocou aos medios de comunicación para informar da aprobación pola xunta de goberno do inicio do expediente de tramitación dunha dotación pública para unha área recreativa e unha praia fluvial na cidade; na rolda de prensa, o alcalde amosou unha carpeta de expediente da praia fluvial e a memoria do proxecto, ademais de explicar o que se pretendía facer e o custe da obra”.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...