HomeCulturaO Festival de Narración Oral Atlántica chega este ano a Chantada

O Festival de Narración Oral Atlántica chega este ano a Chantada

A XI edición do Festival Atlática, a cita internacional de narración oral, celebrarase entre o 1 e o 9 de xullo. As funcións desenvolveranse en lugares ao aire libre e de especial interese patrimonial de 24 localidades de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival converteuse en 10 anos de vida en todo un referente da narración oral, internacionalizando esta tradición. Na presentación destacaouse a capacidade de Atlántica por “descentralizar a actividade cultural galega achegando propostas ao rural con iniciativas para todos os públicos” e amosou a satisfacción da Xunta por “colaborar e facer posible un mar de contos por toda Galicia”.

Este ano o Festival contará con 42 espectáculos que chegarán a 24 sedes repartidas polas catro provincias galegas e representaranse máis de 80 funcións. Na zona sur da provincia de Lugo achegarase ao concello de Chantada.

O 1 de xullo entre as 16.00 e as 21.00 haberá contos na casa da árbore con Anxo Moure. A actividade para público infantil e familia é de balde e celebrarase en Garabelos, na parroquia chantadina de Mariz.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...