HomesociedadeTristán Téllez, un xogo online no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas...

Tristán Téllez, un xogo online no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil con 5.000€ de premio

O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada de Sil, recreouse en 3D e serve como escenario principal para a trama deste videoxogo para o que está en marcha un evento en liña que se desenvolverá ata o día 25 de xuño de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tristán Téllez, trata no seu primeiro capítulo dunha plataforma de xogo, baseado na novela homónima de Javier Cid, onde o menos importante é a habilidade para xogar, e onde a pretensión é incentivar a lectura, o espírito crítico e de coñecemento de historia, ciencia, filosofía, … A comprensión dos textos é a única ferramenta necesaria para avanzar e alcanzar a meta, todo no marco incomparable do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

O concello ourensán de Parada de Sil e a plataforma “Tristán Téllez”, lazan un evento en liña que se desenvolve desde este día 17 ata o 25 de xuño e co que se pode optar a un premio de 5.000€ en metálico e unha estancia de fin de semana no concello de Parada de Sil.

Para participar hai que rexistrarse na web e descargar a aplicación do xogo e comprobar que funciona porque está feito para Windows e cunhas mínimas necesidades de hardware. A aplicación poderá descargarse ata o 25 de xuño ás 22.00h. na web do concello www.paradadesil.es ou na plataforma www.tristantelle. Calquera persoa maior de idade pode xogar e a primeira que sexa capaz de seguir as pistas do xogo e atopar a solución, conseguirá o premio

Parada de Sil atópase adherido desde 2022 á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, mellorando a súa infraestrutura tecnolóxica e asumindo novos retos de comunicación cos diferentes sectores e idades das persoas visitantes. Desde hai 5 anos está impulsando o uso da tecnoloxía e intelixencia artificial para a visita aos recursos turísticos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...