HomePolíticaCourel Vivo en contra da valoración colectiva do IBI no Courel

Courel Vivo en contra da valoración colectiva do IBI no Courel

A Xerencia Xeral de Catastro vén de anunciar unha "valoración colectiva " en varios concellos, incluído Folgoso do Courel. Para Courel Vivo é significativo que o anuncio de pagar os atrasos de 4 anos se faga despois das eleccións municipais e non antes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo insiste en que que están en contra de que se suba o IBI da rústica, “xa estamos a pagar polas vivendas unha das cotas máis altas que facenda marca aos inmobles na cotorna.” O concello de Folgoso do Courel leva anos sendo un dos concellos nos que máis sobrevaloradas están as casas, “o que afecta directamente á cota anual que as/os veciñas/os pagamos polo Impuesto de Bienes Inmuebles, por ter aplicado un valor catastral moi por encima do valor real de mercado e moi por encima de moitos municipios con unha renda media per cápita moi superior á nosa.” 

Lembran que no último mandado fixeron unha Proposta para a revisión á baixa dos Valores Catastrais no concello, que foi votada en contra polo PP. Agora solicitan ao novo equipo de goberno:

  • Que faga unha reclamación conxunta para anular esta nova revalorización. O IBI é un imposto municipal. 
  • Que informe á veciñanza das parcelas afectadas e a orixe das modificacións, “xa que de seguro que xa tiña noticias da suba, antes de que saise publicado”
  • Que tramite as queixas que a veciñanza lle transmita e corrixa de oficio o que se vexa mal. 
  • Que se lle pida unha ampliación do prazo para poder reclamar, xa que a moita xente non lle da tempo de facelo, e as citas para revisalo en catastro estanse dando a unha semana. O prazo agora está aberto ata o 23 de xuño.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...