HomesociedadeCursos de verán de música e danza no Conservatorio de Monforte

Cursos de verán de música e danza no Conservatorio de Monforte

Os cursos de verán de música e danza do concello de Monforte, desenvolveranse en distintas semanas durante este verán no Conservatorio municipal “Mestre Ibáñez” - edificio multiusos, en horario de mañá. Cada materia terá unha duración dunha hora que se reservará no momento da inscrición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En cada solicitude de inscrición os/as alumnos/as poderán inscribirse nun total de dúas materias, de música, danza ou ambas, cunha taxa de 25,00 €. Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo. O nivel será de iniciación ou avanzado.

As materias de Música estarán dirixidas a alumnos/as a partir de 6 anos de idade e constará de talleres de práctica instrumental en especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta doce, frauta travesa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor…).

Materias e datas: Música

  • Violín (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                                
  • *Piano 1º grupo (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                               
  • Guitarra (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                               
  • Ukelele (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                               
  • Saxofón (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                               
  • **Percusión moderna (a partir de 6 anos) do 03/07 ao 04/07                               
  • Guitarra eléctrica e acústica (a partir de 6 anos) do 10/07 ao 14/07                               
  • *Piano 2º grupo (a partir de 6 anos) do 31/07 ao 04/08                                
  • *Piano 3º grupo (a partir de 6 anos) do 31/07 ao 04/08                                
  • *Piano 4º grupo (a partir de 6 anos) do 07/08 ao 11/08                                
  • Vento metal/Trombón, Trompeta (desde 6 anos) do 07/08 ao 11/08                                
  • Gaita e frauta doce  (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08                                
  • Percusión tradicional (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08                                
  • Clarinete (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08                                
  • Frauta Travesera (a partir de 6 anos) do 21/08 ao 25/08                                

* En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.

**En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas mod.5A e unha pelota de tenis.

Materias e datas: Danza

A parte da danza, está dirixida a nenos/as e xóvenes en xeral a partir de 6 anos. Formaranse distintos talleres por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

  • *Danza tradic. Galega 1 (6 a 9 anos) do 07/08 ao 11/08                 
  • *Danza tradic. Galega 2 (a partir de 10 anos) do 07/08 ao 11/08                 
  • *Danza moderna (6 a 9 anos) do 07/08 ao 11/08                 
  • *Danza moderna (a partir de 10 anos) do 07/08 ao 11/08                 
  • **Ballet clásico (a partir de 6 anos) do 07/08 ao 11/08                 

ÚLTIMAS

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...