HomesociedadeAs piscinas exteriores de Sarria comezan tempada este 27 de xuño con...

As piscinas exteriores de Sarria comezan tempada este 27 de xuño con xornada de portas abertas

As piscinas exteriores do Concello de Sarria darán este martes á tempada de verán cunha xornada de portas abertas. Durante toda a época estival, o recinto das piscinas exteriores estará operativo entre as 12.00 e as 21.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta tempada, os bonos individuais terán un custo de 26,60 euros, mentres que os bonos familiares custarán 35,45 euros. Para conseguilos é preciso presentar o carné do ano pasado ou, no caso de non dispoñer del, unha foto tamaño carné e o Libro de Familia para poder expedir un carné novo.

A vindeira semana comezarán a impartirse os cursiños de natación, que se realizarán por quincenas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 30 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e do 16 ao 30 de agosto. Para inscribirse é preciso reservar praza na recepción do Centro Deportivo Saúde Sarria. No caso de confirmarse a dispoñibilidade de praza é preciso realizar o pago da inscrición por transferencia e entregar o resgardo xunto cunha fotocopia do DNI do alumno/a (e se é menor de idade, tamén unha fotocopia do pai, nai ou persoa titora).

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...