HomePolíticaO BNG de Chantada denuncia a mala organización das paradas do transporte...

O BNG de Chantada denuncia a mala organización das paradas do transporte escolar

Os nacionalistas reuníronse coas familias afectadas que usan o transporte escolar, “hai crianzas que deben andar máis dun quilómetro de distancia até a parada do bus para poder ir á escola”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento, Carme Aira e o responsábel local do BNG en Chantada, Manuel Moure, veñen de reunirse coas familias afectadas pola mala organización das paradas do transporte escolar en Chantada. Esta situación afecta a parroquias chantadesas como Merlán, Sabadelle, San Miguel do Monte ou Adá ante a impasibilidade das autoridades competentes.

“Os nosos fillos deben andar en pleno inverno grandes distancias para poder coller o bus, o que fai que moitas veces nos decidamos por levalos nós directamente á escola”, indican as familias das crianzas afectadas que aproveitan para indicar que “non estamos pedindo nada do outro mundo, nin sequera estamos pedindo que se desvíe ningunha das rutas que actualmente fai o transporte escolar, simplemente que recollan ós nosos fillos engadindo unha parada”.

Carme Aira asegurou na reunión que, “desde a Xunta da Galiza xogan a pasarse as competencias neste tipo de cuestións entre a Consellaría de Transportes e a Consellaría de Educación. Están conseguindo o que queren, non acceden ás peticións das familias para que deixen de usar o servizo e así poder desmantelalo”.

Por este motivo, a deputada nacionalista instou ás familias que acudiron ao Parlamento para se reuniren con representantes dos tres grupos con representación na cámara galega para expor a súa situación e reclamar solucións.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...