HomesociedadePladesapu e Esperta Monforte denuncian deficiencias no servizo diario do Centro de...

Pladesapu e Esperta Monforte denuncian deficiencias no servizo diario do Centro de Saúde de Monforte

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da zona sur de Lugo, denuncian a falta de preocupación e resolución, por parte da Xerencia de Atención Primaria, despois das incidencias sufridas no Centro de Saúde de Monforte, por un fallo na subministración eléctrica o venres 23 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde Pladesapu, que despois do fallo do día 23 na rede de subministración eléctrica producíronse avarías importantes en diferentes aparatos electrónicos, que impediron a realización de moitos dos servicios que diariamente se realizan. “Tiveron que derivarse os controis de sintrom ao hospital (sobre unhas 60 persoas) e moitas analíticas, provocando o desprazamento de moitos usuarios; o ascensor non funcionou , as neveiras estropeadas arriscando a viabilidade das vacinas que deben estar a unha temperatura en concreto, ordenadores que non funcionan, citas que non se poden dar, chamadas sen recibir, etc”, afirman desde a Plataforma.

A situación provocou retrasos na atención e o enfado de quen non foi atendido correctamente, “O máis vergoñoso é que despois dunha fin de semana e case unha semana completa, este 29 de xuño seguía sen solucionarse o problema. Só foi valorado por un informatico e colocado un dispositivo de control de tensión eléctrica ademais dalgún ordenador arranxado, pero seguen sen solucionarse problemas como o ascesor para persoas con mobilidade reducida e os cortes de luz son constantes impedindo o funcionamento normal do Centro de Saúde.”

Consideran desde Pladesapu que isto demostra a despreocupación dos responsables do sistema sanitario para manter as instalacións e a axilidade do servizo e esixen solucións, “Esiximos con premura a resolución de todos estes problemas e a implicación directa no mantemento dos centros de saúde de toda a zona sur que ademais da falta de persoal, agora teñen que facer fronte á falta de revision das súas instalacións e do material que se manexa.”

Súmase a esta denuncia, Esperta Monforte, “A situación amosa unha absoluta deixadez de falta de vontade por facer nada por parte da administración. Non é de recibo que nun centro de saúde se deixara pasar unha fin de semana sen facer unha reparación adecuada da electricidade e demáis sistemas informáticos para poder dar servicio aos pacientes. Sinalan que neste centro traballa a actual concelleira de Sanidade de Monforte de Lemos, “polo que coñecían a situación e dende o noso Concello non manifestaron ningunha preocupación nin se realizou ningunha publicación nin información ao respecto nin na súa páxina web nin en redes sociais.”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...