HomesociedadeEscollido o cartel para anunciar a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora

Escollido o cartel para anunciar a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora

O cartel elixido foi a proposta de Alfonso Giménez Ventura, de Betxí (Castellón). O autor é deseñador e artista de carteis con numerosos premios en concursos de carteis, como o da Semana Santa de Teruel, das festas patronais de Navarra ou da Festa Major 2022 de Valldoreix de Barcelona, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado formado polo equipo de Goberno de Bóveda vén de fallar o IX Concurso de Carteis que anunciará a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora. Escolleu o cartel de Alfonso Giménez por ser un dos que mellor recrea un mercado tradicional galego de finais do século XIX ata mediados do século XX.

O concurso contou coa participación de preto de 30 carteis chegados de diferentes puntos da comarca, da comunidade galega e tamén do territorio nacional. Incluso houbo participación estranxeira cun exemplar chegado desde Francia.

O traballo gañador recibirá un premio de 400 euros. Os demais traballos participantes serán expostos en vindeiras datas no Centro Sociocultural de Bóveda. Desde o Goberno local valoran o éxito da iniciativa e agardan que a XIX Feira Tradicional de Rubián Outrora, que se vai celebrar o vindeiro 14 de xullo, cumpra as expectativas e encha o Concello de Bóveda de visitantes

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...