HomesociedadeComezaron os 'Campamentos de Verán' en Quiroga

Comezaron os ‘Campamentos de Verán’ en Quiroga

Este ano chegan case ao cento de participantes que farán multitude de actividades en diferentes instalacións do concello: Casa da Cultura, Ludoteca, Centro Social e piscina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado luns 5 de xullo comezaban os campamentos de verán para este 2023 con preto dun cento de nenos e nenas matriculados. Divididos en catro aulas dependendo da idade os nenos e nenas repártense entre as instalacións da Casa da Cultura, Ludoteca, Centro Social e piscina.

Desenvolveranse actividades axeitadas á idade dos participantes coa finalidade de poñer a disposición de pais e nais traballadores unha alternativa para poder conciliar a vida laboral coa familiar.

Xogos, obradoiros, manualidades, deportes ou xogos na piscina son algunhas das actividades que acollen os campamentos que se desenvolverán ata o 31 de agosto en horario de 10:30 a 13:45 h, de luns a venres. Este último punto, o dos horarios, é a primeira novidade desta tempada xa que a cativada entra media hora antes e sae tamén 15 minutos antes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...