HomePolíticaMitin de Ana Pontón en Monforte, que confía en que Daniel Castro...

Mitin de Ana Pontón en Monforte, que confía en que Daniel Castro saia deputado por Lugo

A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou no mitin deste mércores en Monforte que "este 23 de xullo o BNG volve saír a por todas desde o convencemento de que é posible un grupo galego forte no Congreso, do que Daniel Castro formará parte como deputado e colocará Lugo no mapa facendo valer os intereses desta provincia ante o Goberno do Estado."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ana Pontón asegura sobre o cabeza de lista ao congreso que “Fronte aos que din que non, que non se pode, este 23 de xullo o BNG vai demostrar que si, que imos facer posible que Lugo teña voz e voto cun deputado do Bloque que, fronte á procesión dos caladiños da forzas estatais, faga respectar Lugo en Madrid, faremos historia con Dani como deputado para defender os intereses de Lugo”.

Neste sentido, Pontón ironizou sobre o feito de que mesmo o CIS confirmaba este mércores que o BNG obterá escano por Lugo, “é unha enquisa pero xa sabedes que somos especialistas en romper as enquisas”, destacou, instando á cidadanía a “votar coa cabeza e o corazón en Galiza.”

Pontón subliñou o moito que Lugo e Galicia se xogan na cita coas urnas e destacou que “non é momento de votar polo mal menor. Non serán as forzas estatais, que din unha cousa aquí e a contraria en Madrid, as que que defendan un tren do século XXI, a tarifa eléctrica galega; investimentos xustos ou máis xulgados de violencia de xénero; porque actúan como  sucursais de Génova e Ferraz. Por iso un só deputado do BNG, foi máis útil que os 22 restantes logrando, por exemplo, a electrificación do tren entre Lugo e Ourense”

Pola súa banda, Daniel Castro considera “perfectamente posible e, sobre todo, necesario que Lugo teña un deputado do Bloque para defender os intereses desta provincia non Congreso, despois de ver como pasan os anos e os gobernos do Estado, uns máis vermellos, outros máis azuis seguen esquecéndose de Lugo, esquecendo as súas infraestruturas, esquecendo os servizos que precisa, esquecéndose de que a xente moza emigra. A maneira de darlle a volta a este guión e apostando polo BNG para darlle unha voz forte a Lugo en Madrid”, concluíu.

Mitin BNG Monforte, Ana Pontón / BNG

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...