HomeCulturaPremio de honra do IX Fancine de Lemos para a nena do...

Premio de honra do IX Fancine de Lemos para a nena do fantaterror, Marian Salgado

A actriz de dobraxe recibiu o premio de honra pola súa carreira durnate a gala de inauguración do festival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a gala que se celebrou a última hora do martes na casa da cultura de Monforte, Marina Doutón, concelleira de cultura, falou do festival como unha mostra cinematográfica plenamente consolidada. “O Fancine de Lemos aposta pola Ribeira Sacra como epicentro do cinema fantástico en Galicia”. Pola súa banda, Iván Patiño destacou na súa intervención o impacto que o festival ten para unha cidade como Monforte: “Nesta edición do festival chegaron de fóra 56 persoas, das que o 90% pasarán a noite na cidade co conseguinte impacto turístico para a comarca. Ademais, consolidamos o certame Curtas Curtas, destinado a renovar o noso compromiso para que os mozos de Monforte vexan o audiovisual como unha opción de futuro”. Patiño enxalzou na súa intervención o traballo do equipo para lograr con poucos recursos un evento cultural consolidado como un dos festivais de cine fantástico máis importantes de Galicia: “Quero poñer en valor o traballo dun equipo de 13 persoas que consegue sacar un evento de prestixio no teu entorno”.

A estrela da gala foi Marian Salgado, que recibiu o premio de honra FanCine 2023 pola súa traxectoria como actriz e icono do mundo do fantaterror español. Salgado, que foi a voz da nena Linda Blair en O excorcista, recolleu o premio que foi entregado nesta ocasión por unha nena do Excorcista que se caracterizou para a ocasión, e, visiblemente emocionada, agradeceu ao Fancine este recoñecemento, “Amo a Galicia profundamente, este homenaje me emociona hasta la médula”.

Marian Salgado dobrou El Exorcista cando só tiña dez anos. Durante a súa infancia e adolescencia, actuou en varias películas dos grandes directores de xénero deste país como Amando de Ossorio (en ‘La Endemoniada’) ou Chicho Ibáñez Serrador (en ‘¿Quién puede matar a un niño?’).

Nunha entrevista para o FanCine de Lemos, Salgado fala da súa etapa como actriz infantil, da súa visión do panorama cinematográfico de xénero en España e dos seus proxectos actuais e futuros. “Non se pode ser nena e actriz, hai que renunciar a unha das dúas cousas”, dixo Marian. “O cinema fantástico e de terror seguirá vivindo porque está apoiado pola xente que aposta por el a través dos festivais deste país”, concluíu Salgado.

Aínda quedan propostas co cine de terror a través do Fancine de Lemos, cuxa programación pódese consultar aquí.

ÚLTIMAS

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...

A Real Sociedade Española de Historia Natural visita o Xeoparque Montañas do Courel do 14 ao 16 de marzo

Entre os días 14 e 16 de marzo de 2025, unha representación da Real...