Homesociedade337.716 persoas poden votar na provincia este 23X, 7.930 son novos electores

337.716 persoas poden votar na provincia este 23X, 7.930 son novos electores

Nestes comicios, Lugo decidirá un total de 4 deputados e deputadas, e 4 senadores e senadoras. Proclamáronse 10 candidaturas ao Congreso e 9 ao Senado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Subdelegación do Goberno na provincia informa de que para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo, poderán participar nesta cita 337.716 persoas, sendo 7.930 os novos electores e 69.086 os que o poderán facer dende o estranxeiro. A institución destina un orzamento de 555.833 euros aos custos derivados da loxística e a seguridade deste proceso electoral.

Na provincia haberá 533 mesas e cabinas repartidas en 400 colexios electorais. Se terá a disposición da cidadanía 1.066 urnas nas que poderán depositar o seu voto. Así mesmo, imprimíronse cerca de 3,4 millóns de papeletas para o Congreso e 340.000 para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 1.599 membros e por 450 representantes da Administración que se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.

Durante o día das eleccións, na Subdelegación de Lugo haberá persoal para solucionar calquera incidencia que poida xurdir en colaboración coa Xunta Electoral. O despregamento de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Policía Local para o exercicio libre do dereito ao voto contará con 1.088 efectivos.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...