HomesociedadeVilamor acolle o 15 de xullo o Filandón das rapatoxas

Vilamor acolle o 15 de xullo o Filandón das rapatoxas

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza o vindeiro 15 de xullo o ‘Filandón das Rapatoxas, que se vai desenvolver en Vilamor do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preténdese con esta actividade “poñer en valor a labor do voluntariado xestionado pola coordinadora autoorganizada das aldeas que leva dende o primeiro día traballando en todas as frontes para borrar a pegada do lume”, destacan desde a asociación. Nesta xornada combinarase o lecer das tradicións ligadas á vida rural da Serra do Courel co traballo do voluntariado.

Ao longo de todo o día poderase ver a exposición de fotografías e texto ‘Acción directa non violenta no rural’ que amosa experiencias de rexeneración da natureza tras os lumes.

De 12:00 a 14:30 horas levarase a cabo o obradoiro práctico ‘Simbiose entre o baile e a música tradicional’ no que se estudará a relación entre a música e o baile no contexto das foliadas dirixido por Artur Puga (baile) e Úrsula Rial (música). Información e inscricións (689 948 5390)

Tamén se fará a actividade de voluntariado, ‘Traballar as bouzas ao longo do ano’, que consistirá en quitar pedras do terreo, estercar e sementar. Vanse arrincar mimosas e piñeiros do monte comunal para logo plantar trigo que máis adiante segarán. Haberá un posto de comida con pancetada, polbo á brasa e sidra de Doncos.

Xa no mes de setembro, haberá dous obradoiros. Un deles será un encontro participado arredor do lume, un obradoiro de superación do trauma despois dos lumes (información e inscricións no 676 114 153) e outro sobre crear comunidade que vai impartir a Cooperativa Rexenerando, quen vai facilitar as ferramentas para facer grupos para a transformación social. (inscrición e información no 633 921 850).

25 aniversario

Con motivo do seu 25 aniversario, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel deseñou o proxecto ‘2023 Un ano no Courel’ integrado por 11 subproxectos a través dos que transmitir a visión dun Courel con vida, dun Courel con futuro. Un deles é o Filandón das rapatoxas.

Estes 11 subproxectos estrutúranse en oito actividades que teñen en común a valorización do territorio creando comunidade. O obxectivo principal da asociación segue sendo o de contribuír a que Courel teña un futuro construído a partir dos seus valores humanos, ambientais e culturais.

O proxecto ‘2023 Un ano no Courel’ conta para a súa realización cunha subvención de 39.315,70 €  a través da sinatura dun convenio coa área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...