HomeCulturaO Fancine de Lemos pecha a súa edición máis exitosa

O Fancine de Lemos pecha a súa edición máis exitosa

Por esta IX edición, pasaron, segundo a organización, máis de 1.500 persoas. As cintas gañadoras do Fancine 2023 foron 'Ovo', 'Compañeiros', 'Els Mal', Box Fox' e 'Anecoica'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos a gala de clausura e a entrega de premios da Fancine de Lemos 2023. Conducida pola xornalista monfortIna, Manola Porto, e coa intervención de Iván Patiño, director do festival e Marina Doutón, concelleira de cultura. Os premios foron entregados polos membros do xurado: Marian Salgado, Aida Cordero e Marina Doutón.
Palmarés do Fancine de Lemos 2023:

  • Premio á mellor curtametraxe galega por ‘Compañeiros’, de Fernando Tato. Unha historia sobre dous mozos compañeiros que se reencontran despois de trinta anos. O que parece unha coincidencia, faise raro ata converterse nunha situación cada vez máis estraña.
  • Premio á mellor curtametraxe nacional por ‘Els Mal’ de David Mataró. Unha película sobre o amor
    adolescente entre unha nena vampiro e un neno humano que descubrirá que o máis difícil de namorar é coñecer á familia da túa nena, sobre todo se son vampiros.
  • Premio á Mellor Curtametraxe Internacional por ‘Ovo’ de Steve Spasojevic. Esta é a historia do
    encontro entre un sorprendente robot do espazo exterior e un adorable paxaro.
  • Premio do Público por ‘Box Foxde Aurora González Segura/ Ángela Ronco Núñez/ Juan José Romero Cortina. Un raposo intrépido viaxará por un perigoso mundo de fantasía para atopar a unha enigmática nena cuxo rostro aparece nun misterioso arquivo.
  • Mención especial para ‘Anecoica’ de Marcos Callejo. Ana, unha muller pobre e viúva, preséntase como voluntaria nun experimento ilegal para gañar cartos: estará encerrada nunha habitación anecoica, o lugar máis tranquilo do mundo, onde debe permanecer o maior tempo posible se quere ser recompensada.

Coa proxección da película ‘El Exorcista’, nos multicines Hollywood de Monforte de Lemos púxose o punto e final a esta novena edición do Lemos Fancine Festival, que foi segundo o seu director, Iván Patiño, a máis exitosa, sinalou que por Monforte pasaron máis de 1.500 persoas,segundo as primeiras estimacións dos organizadores, ás proxeccións asistiron cada día unhas 150 persoas. Pola súa banda, a proxección da película ‘Unicorn Wars’, Goya á mellor película de animación deste ano, contou coa participación de máis de 200 persoas. “Contamos coa presenza de moitos dos directores de curtametraxes chegados de distintos puntos de Galicia e de España e tivemos moita repercusión mediática tanto na prensa escrita como na televisión autonómica e nacional’, salientou Iván. “O Fancine de Lemos converteuse nun evento de referencia no mundo do cinema fantástico. Aínda ten marxe para medrar, e iso tamén dependerá da implicación das institucións’.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...