HomeCulturaFaia, o 16 de xullo no ciclo Novas Músicas Galegas da Pobra...

Faia, o 16 de xullo no ciclo Novas Músicas Galegas da Pobra do Brollón

Este domingo, 16 de xullo, a parroquia de Veiga acollerá un concerto de FAIA, o segundo evento do ciclo Novas Músicas Galegas, impulsado polo Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento comeza ás 11:30, no punto de encontro que será no aparcamento de Finca Robles, Veiga. Antes do concerto, haberá unha visita a cargo de Noelia Besteiro e José Manuel Leiras para coñecer Finca Robles, casa grande que historicamente tivo unha grande influencia na contorna e que na actualidade depende do Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo.

Despois, os asistentes poderán coñecer historias e recunchos da parroquia de Veiga nun pequeno paseo da man dos veciños Alejandro e Hortensia.

Tras as visitas, ás 13:00 horas aproximadamente, comezará na igrexa románica de Veiga o concerto de FAIA, artista galega que experimenta con melodías e ritmos tradicionais dende unha perspectiva feminista e única.

Ao rematar o concerto, o evento continuará no exterior da igrexa cunha sesión vermú con petiscos e pinchada a cargo de Bigote Mix.  

As prazas son limitadas, polo que é preciso reservar no teléfono 650624828, preferiblemente por WhatsApp. Esta actividade está financiada a través da subvención Territorio Cultura, xestionada pola Xunta de Galicia a través da Agadic, ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation. 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...