Na asamblea deixouse constancia de que no caso da falta das dúas hematólogas, “o principal problema é que os técnicos de laboratorio teñen que validar cousas que antes facían as hematólogas, e cando hai algunha cousa urxente, alguén se ten que encargar de transmitirllo ao médico de cabeceira, cando antes o solucionaba a hematóloga.” Aseguran que enfermería abre as novas historias dos pacientes, cando o facían as hematólogas. Se o paciente ten problemas téñense que facer cargo del en medicina interna. E afecta tamén aos profesionais de farmacia, “xa que cando están as hematólogas, teñen comunicación directa con elas, agora como non están non poden resolver o problema.”
En dixestivo, non hai ningún médico, polo que medicina interna encárgase das consultas. Tampouco hai rehabilitación, “o único que hai son uns protocolos feitos polos rehabilitadores de Lugo en consenso cos fisiterapeutas, pero non sabemos quen fai o seguemento de eses doentes, nin si está funcionando o tratamento, nin quen lles dá a alta…”
Sinalan desde o sindicato que “estase enviando a moitos doentes á privada, concretamente ao Polusa. Non se ten en conta o transtorto que se lle provoca a unha persoa cando ten que desprazarse a Lugo e ainda por riba se estás operado dun xeonllo e non podes conducir.”
Ao anterior engaden a falta de neurólogo propio (vén do HULA), ao igual que un cardiólogo e dúas pediatras. “Todos estes problemas, acaban repercutindo tamén sobre o persoal administrativo, xa que teñen que reprogramar todas as citas suspendidas da maior parte destes servizos, polo que o persoal está totalmente desdobrado”.
Desde CIG-Saúde consideran moi grave a situación polo que na asemblea decidiron convocar unha concentración diante do hospital para a que piden o apoio de tódolos sectores. A concentración terá lugar o xoves 20 de xullo ás 12 horas.
Decidiuse tamén convocar á Xunta de persoal para que se una o maior número de sindicatos a esta convocatoria e ás seguintes accións que se leven a cabo. Falarán co concello para que convoque o Consello de Saúde e con PLADESAPU para que apoien a concentración e organizar unha manfestación a volta do verán “para acabar coa deriva que está tomando o hospital”.