HomeDeportesRematou o 'IV Campus de Voleibol Carolina Camino' de Quiroga

Rematou o ‘IV Campus de Voleibol Carolina Camino’ de Quiroga

Foron 5 días de convivencia e adestramento baixo as ordes de responsables deportivos dos equipos do Quiroga e do Ribeira Sacra de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de deportes do  Concello de Quiroga poñía punto final o pasado venres 14 de xullo ao IV Campus de Voleibol de Quiroga que leva o nome da xogadora quiroguesa Carolina Camino.

O campus desenvolveuse dende o pasado luns  10 no pavillón municipal e tamén nas piscinas municipais onde remataba diariamente, e participaron preto de 30 rapaces e rapazas de 6 a 16 anos. Nos días que durou estiveron baixo as ordes de adestradores do Quiroga e do Ribeira Sacra.

Os e as participantes remataron a actividade deportiva cunha merenda nas piscinas municipais e coa entrega por parte do Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto, e do Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, da foto oficial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...