HomesociedadeCCOO asegura que apoia á sanidade pública e lamenta que non se...

CCOO asegura que apoia á sanidade pública e lamenta que non se utilizara o seu logo na concentración do día 20

O sindicato asegura que comunicou á Xunta de Persoal e a todos os traballadores, "a grave situación persoal do noso responsable sanitario" e tendo amosado o seu apoio á concentración non entenden que o seu logo non aparecera na pancarta que encabezaba a concentración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CCOO amosa o seu total apoio á Sanidade Pública e a todo o persoal Hospital Comarcal. Aseguran que apoian todos os acordos adoptados pola asemblea de traballadores, así como da xunta de persoal á que transmitiron o seu apoio unanime.

Neste punto, o sindicato amosa o seu rexeitamento e desconformidade “co desafortunado feito de retirar noso logo da Pancarta, na concentración do pasado xoves día 20 Julio”. Consideran que non foi malintencionado “xa que feitos desta natureza só serven para romper a unidade Sindical”.

Lembran que se lle comunicou á Xunta de Persoal e a todos os traballadores “a grave situación persoal do seu responsable sanitario, escusando a ausencia” e conclúen “Desde a executiva provincial de CCOO Lugo – Lemos lembrámoslle a sindicalistas sectarios que CCOO somos sindicato maioritario no concello Monforte dobrando en representación a CIG e UXT, e non imos permitir que sindicatos submisos, déannos leccións.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...