HomePolíticaCampamentos de verán máis accesibles e menos velocidade en Piñeira, demanda Esperta...

Campamentos de verán máis accesibles e menos velocidade en Piñeira, demanda Esperta Monforte

Esperta Monforte considera que o concello de Monforte exclúe, un ano máis, das bases dos campamentos de verán a nenos e nenas con discapacidade. Presenta unha moción a este respecto e outra para reducir a velocidade nas estradas da Deputación en Piñeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas bases dos campamentos de Monforte recóllese, “No caso de prazas reservadas para persoas con discapacidade superior ao 33%, ter recoñecemento da situación de discapacidade e que non precisen da axuda de terceiras persoas para participar na actividade”. Segundo Esperta Monforte, o concello incumple a lei que establece que os estados adoptarán as medidas para que as persoas con discapacidade poidan participar en igualde de condicións neste tipo de actividades recreativas.

Engaden que esta moción presentouse antes de coñecer que o concello admitía a varias persoas con discapacidade que serían atendidas por monitores de apoio. Para poder ofrecer este tipo de servizo con garantías de accesibilidade para todos, Esperta Monforte propón, entre outras cousas, que os partidos renuncien ás súas asignacións mensuais e dietas ou non facer a ponte do malecón.

A outra moción refírese á velocidade dos vehículos en Piñeira. Asegura que nun breve espazo hai moitos enlaces e que non se respectan os límites de velocidade. Piden demandar á Deputación que reduza a velocidade na estrada de Sober e que se faga o mesmo na estrada que une Regueira coa Vide.

ÚLTIMAS

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...