HomesociedadeAs eleccións influiron na ocupación da ponte do Apóstolo na Ribeira Sacra

As eleccións influiron na ocupación da ponte do Apóstolo na Ribeira Sacra

A ocupación foi do 79%, "É unha ocupación elevada e a meirande parte dos xestores de aloxamento amósanse moi satisfeitos de como vai a campaña e das previsións tanto para agosto como para setembro", aseguran desde o Consorcio te Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta ponte do 25 de xullo, os hoteis de 4 e 3 estrelas, na Ribeira Sacra, tiveron unha ocupación do 84%. En turismo rural foi do 75%; do 77% nas vivendas turísticas e de uso turístico. Nutros aloxamentos a ocupación doi do 80%.

O pasado ano a ocupación nesta ponte ascendeu ao 83%. A diferenza deste ano pode estar na celebración das eleccións. Preto do 50% de aloxamentos conseguiron encher, o resto dos hostaleiros coinciden en que a celebración das eleccións influiu de xeito considerable, pois establecementos que teñen unha ocupación do 100% en pontes anteriores e no resto das fins de semana de xullo non conseguiron completala durante estes días. Os plans en familia e entre amigos nos lugares de orixe foi unha opción a combinar coa cita electoral. “Nalgún dos recursos turísticos dos que levan reconto de visitantes si se notou unha especial afluencia de público local e da contorna de Ribeira Sacra, en relación á ponte de anos anteriores”, apuntan desde o Consorcio de Turismo.  

Lembran que as pontes de 4 noites adoitan ter unha ocupación menor en relación ás de 3 noites, en calquera momento do ano. Ademais o número de prazas sobre o que se calcula a ocupación é bastante superior ao do 2022, pois non só se abriron novos aloxamentos dende entón no territorio, senón que neste balance xa figuran os aloxamentos dos concellos incorporados ao xeodestino (A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, O Pereiro de Aguiar e San Xoán de Río). “Poderiamos concluir que en 2022 foron ocupadas 5.500 prazas de media en cada unha das tres noites (en 21 concellos), e en 2023 foron ocupadas unha media de 6.300 prazas cada unha das 4 noites da ponte (en 26 concellos)”, aseguran.

ÚLTIMAS

Monforte celebra o 17 de maio co ‘Festival Letras Galegas’

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará...

Raquel Arias: “Todos os concellos que solicitaron Atención Temperá contan con axuda da Xunta”

Raquel Arias manifestou que “apostar pola atención temperá é fundamental para identificar e para...

A Conselleira de Medio Rural pon en valor na Pobra do Bollón as axudas para o fomento do castiñeiro

A conselleira salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación...

Concerto do acordeonista Juan Matías o 18 de maio en Sober

O acordeonista, Juan Matías, ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20:00 horas...