HomesociedadeMonforte diminúe as taxas de criminalidade e prepara a seguridade para as...

Monforte diminúe as taxas de criminalidade e prepara a seguridade para as Patronais

Segundo datos oficiais facilitados pola Policía Nacional, durante este primeiro semestre de 2023 rexistráronse no concello de Monforte de Lemos 226 infraccións penais, das cales foron 114 delitos graves e menos graves, e 112 delitos leves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta Local de Seguridade de Monforte reuníase este ventes pola mañá coa asistencia do alcalde, José Tomé Roca, a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, a 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, representantes da Policía Nacional en Monforte, da Garda Civil, o representante da D.X. de Emerxencias, o representante da Policía Autonómica así como da Policía Municipal.

A xuntanza tivo por obxectivo analizar e organizar o dispositivo de seguridade con motivo das Festas Patronais da cidade, que darán comezo o venres, 11 de agosto, e que se estenderán ata o mércores 16. Cóntase cun plan coordinado entre a Policía Nacional e a Policía Local, “que ten como fin velar pola tranquilidade da cidadanía, garantir a orde pública e poder dar unha resposta rápida e eficiente no caso de que se producise calquera incidente.” Efectivos da Garda Civil prestarán a súa colaboración na periferia da cidade, así como nos seus principais puntos de acceso, facendo os correspondentes controis.

Colaborará tamén unha patrulla da Policía Autonómica que centrará o seu traballo na prevención do consumo excesivo de alcol nas zonas cunha maior presenza de persoas. E os bombeiros de Monforte ante situacións como os fogos artificiais.

Boas cifras para Monforte nas taxas de criminalidade

Na xuntanza destacouse o descenso do número de delitos no municipio, desde a última Xunta Local de Seguridade celebrada o pasado ano, grazas ao traballo realizado pola Policía Nacional e Local. “A taxa de criminalidade en Monforte descendeu con respecto a anos anteriores, situándose nos últimos 12 meses no 12,49 ‰ (por mil), unha das máis baixas do Estado”, destacou o Alcalde.

A delincuencia descendeu, con valores inferiores aos que se rexistraron no mesmo período de 2022, con 23 delitos menos. Isto supón unha diminución do 9,24% en relación co 2022, no que houbera 249 infraccións penais (das que 109 foran delitos graves e 140 leves).

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....