HomePolíticaManuel Luis Vázquez Vázquez, nome para o renovado pavillón da Pinguela?

Manuel Luis Vázquez Vázquez, nome para o renovado pavillón da Pinguela?

Esperta Monforte presenta varios rogos e preguntas ao pleno deste luns, 30 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte pide nun dos rogos que se fagan as xestións ante quen corresponda para a continuación da iluminación da circunvalación. Noutro plantéxase chamarlle ao renovado pavillón da Pinguela, D. Manuel Luis Vázquez Vázquez, para o que piden se consulte con entidades deportivas e con quen se considere.

Nas preguntas, Esperta Monforte interésase polas árbores secas que hai no campo de San Antón e diante do Parador. Con respecto ao paseo peonil entre o Parque dos Condes e Piñeira, preguntan se alguén se vai encargar da limpezas das beiras do río ou deixase a tarefa en mans de voluntarios.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...