HomesociedadeCarude Rock o 4 de agosto en Monforte

Carude Rock o 4 de agosto en Monforte

Actuarán na praza de Carude, a partir das 20:30 da tarde, Extraños, Poet’s Silence, El Tren, Tributo a Rosendo e Ruxe Ruxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns presentouse unha nova edición do festival Carude Rock, que se celebrará no barrio de Carude da cidade do Cabe este venres, 4 de agosto, a partir das 20:30 horas.

O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do alcalde, José Tomé “ser un bo escaparate para os  grupos da nosa bisbarra, e que poidan darse a coñecer ante o público. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.” O Concello subvenciona o festival cunha axuda de 4.000 euros.

Os distintos concertos serán de balde desde as 20:30 na praza de Carude coa actuación de:

  • Extraños
  • Poet’s Silence
  • El Tren, Tributo a Rosendo
  • Ruxe Ruxe

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...