HomeDeportes50.000€ para melloras no pavillón de Bóveda

50.000€ para melloras no pavillón de Bóveda

O Concello de Bóveda recibe unha subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal con carácter plurianual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Bóveda recibirá 50.000 euros de axuda repartidas en dúas anualidades; 23.528 euros en 2023 e 16.472 euros no ano 2024, que vai destinar a realizar melloras no pavillón deportivo municipal. Deste o concello sinalan que “solicitouse esta axuda ante as deficiencias que presentan as instalacións do pavillón polideportivo municipal, que precisan dunha serie de actuacións que permitan mellorar o seu estado para conseguir un mellor funcionamento de cara a mellorar a funcionalidade e prestacións das instalacións.”

As obras proxectadas buscan mellorar a eficiencia das instalacións, as súas prestacións e a seguridade, incluíndo a renovación da iluminación interior e a instalación de auga quente sanitaria. Os traballos consistirán na renovación do pavimento entre a entrada e a pista deportiva, que se atopa en mal estado; renovación de paredes e teitos da zona de entrada, instalación de novas portas de acceso, -a principal dotada con apertura mediante teclado con código-, substitución dos vidros rotos da fachada, construción dunha escaleira de acceso lateral, instalación de novas luminarias LED e renovación da instalación eléctrica, e instalación de auga quente sanitaria.

O alcalde, José Manuel Arias, asegura que “as melloras permitirán reducir o consumo enerxético, cun aforro importante económico e de enerxía e incrementar as prestacións das instalacións, ao tempo que se garante a súa seguridade”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...