HomeCulturaPantón acolle o Trece Roeis do 18 ao 19 de agosto

Pantón acolle o Trece Roeis do 18 ao 19 de agosto

A cuarta edición do Festival Trece Roeis chega coas novidades que o ano pasado funcionaron, dous días de duración e novos espazos con citas literarias, de artesanía, gastronómicas e co viño, ademais de actividades infantís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 1 de agosto, presentouse no Pazo de Ferreiroá unha nova edición do Trece Roeis, festival de referencia na Ribeira Sacra que organiza a Asociación Cultural 13Roeis para os días 18 e 19 de agosto. Participaron representantes da asociación organizadora, representantes municipais e o delegado da Xunta en Lugo, xa que as administracións local e autonómica colaboran no evento.

Todos agradeceron as colaboracións e felicitaron a iniciativa que leva o nome de Pantón e da Ribeira Sacra máis alá das fronteiras de Galicia, cun cartel que chega a todos, especialmente á mocidade, dando protagonismo ao talento galego.

Javier Arias resaltou que a Xunta “aposta por propostas como esta, que funcionan como un importante reclamo cultural e turístico e suman un atractivo máis que favorece a dinamización económica e a promoción de Pantón e de toda a Ribeira Sacra”.

O programa do venres, 18 de agosto, inclúe as actuacións de Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet’s Silence, Enxeito e Tirapralá. O sábado, 19 de agosto, será a quenda de SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Monoulious DOP, Uxía Lambona e a Banda Molona e Festicultores Troupe.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...