HomeDeportesAlberto Alanís, terceiro posto na proba de BTT máis dura do mundo

Alberto Alanís, terceiro posto na proba de BTT máis dura do mundo

O quirogués Alberto Alanís Abelaira fixo unha gran competición e rematou terceiro na súa primeira IronBike, a proba de Mountain Bike máis dura do mundo.

Publicado o

- Advertisement -

A proba, que comezou o 22 de xullo e rematou o pasado sábado 29, contemplaba un percorrido de 700 quilómetros con 30.000 metros de desnivel acumulado nos Alpes Marítimos en Piamonte (Italia). Partindo de Entracque, a carreira divídese en sete etapas de extrema dureza –cada etapa duns 100 quilómetros e 23.000 metros de desnivel positivo acumulado– e remata en Sauze d’Oulx. A gran dificultade está na propia natureza das montañas que elevan aos ciclistas ata os 2.300 metros de altitude e cunha meteoroloxía continuamente cambiante.

Para ser a primeira vez que Alberto Alanís compite na Iron Bike o resultado foi excelente. Non só completou todas as etapas, se non que subiu ao podio no terceiro posto.

Considerada como a proba de Mountain Bike máis dura do mundo, transcorrendo polo medio dos Alpes italianos, os bikers superan os 2000 metros de altitude e dormen sete noites en tendas de campaña que eles mesmos teñen que montar en campamentos facilitados pola organización.

Podio da competición, Alberto Alanís á esquerda. Foto: Pablo Alanís.

COMO O VIVIU ALBERTO ALANÍS?

Coñecida a fazaña deste quirogués contactamos con el para que nos conte algo desta experiencia.

“A carreira como era de esperar… moi, moi, moi dura. Tiñas unhas etapas que levábante ao límite tanto física como psicoloxicamente”, explica Alberto ao tempo que comenta “en dúas veces subimos ata os 3.000 metros, e xa te podes imaxinar, cando pasas dos 1800-2000 metros a cabeza parece que ao faltarlle osíxeno… madre mía”.

Alberto Alanís nun momento da proba. Foto: Alberto A.

Outro detalle anecdótico que garda na memoria desta experiencia extrema teñen como protagonistas aos montes Albergian e Belino. “O Albergian non era ciclable, unha subida duns 10 quilómetros que fixemos de porteo, coa bicicleta ao lombo. A baixada de vertixe, incríbles os sitios por onde nos meteron, Alpes en estado puro”.

“O obxectivo era ir a disfrutar e acabala”

Para rematar preguntamos polo balance de sensacións que se deron estes días, partindo das expectativas que levaba e tras acadar un fantástico resultado. Neste punto Alanís fainos unha crónica cativa que reflicte a súa resilencia e como alcanzou o terceiro posto na clasificación final. “O obxectivo era ir a disfrutar e acabala. O certo é que segundo foron pasando as etapas funme encontrando mellor, cada vez notaba que os rivais ian perdendo fuelle. Sobre todo a partir da etapa 3 fixen unha crono moi boa e púxenme entre os cinco primeiros, e a partir de aí empecei a notar que os rivais perdían fuelle e eu era capaz de manter o ritmo. A partir de aquí empeceime a plantexar o disputar un pouco. Fun etapa a etapa, cada vez un punto máis e na cuarta etapa púxeneme terceiro. Despois intentei ir polo segundo posto pero xa non foi posible. Pero bueno, moi contento co 3º posto e moi sorprendido porque non contaba eu con isto”

“Moi contento co 3º posto e moi sorprendido porque non contaba eu con isto”

ÚLTIMAS

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...