HomeDeportesSara Inés, piragüista do Quixós, convocada pola RFEP

Sara Inés, piragüista do Quixós, convocada pola RFEP

A deportista monfortina foi seleccionada para participar nunha concentración de infantís e cadetes de slalom.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Quixós de piragüismo vén de comunicar outra boa nova. A piragüista de categoría infantil Sara Inés Varela Cortiñas recibiu a chamada de Real Federación Española de Piragüismo para asistir a unha concentración en Murcia.

O encontro dos deportistas seleccionados reunirá a infantís e cadetes entre os días 21 e 25 de agosto na localidade de Calasparra, na comunidade murciana. Os gastos da concentración corren a cargo de Federación.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KAYAK CROSS

O pasado venres 28 de xullo a piragüista Noa Díaz conqueriu a cuarta praza no Campionato de España de kayak cross, competición disputada na localidade leonesa de Sabero. Noa quedou moi preto das medallas e foi a mellor clasificada do conxunto de piragüistas que representaban ao club monfortino.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...