HomesociedadeObradoiros abertos de oficios artesanais en Folgoso do Courel ata o 13...

Obradoiros abertos de oficios artesanais en Folgoso do Courel ata o 13 de agosto

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron este mércores a terceira edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebra ata o domingo, 13 de agosto, en diferentes localizacións de Folgoso do Courel. Trátase dunha iniciativa centrada na divulgación dos oficios artesanais e da marca Artesanía de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e que conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Fundación Uxío Novoneyra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No programa de actividades inclúense 8 obradoiros abertos e gratuítos para o público adulto e infantil que terán lugar no Centro Cultural Fondo de Vila e na Fundación Uxío Novoneyra, así como 12 cursos de iniciación en diferentes oficios que contan xa con todas as prazas cubertas. O obxectivo destas actividades é tratar de divulgar os oficios artesanais e todos os valores que implica o feito á man para que futuros consumidores entendan o valor engadido da artesanía e mesmo futuros profesionais do sector vexan a artesanía como un modo de vida.

Durante cinco días, os visitantes que se acheguen ata Folgoso do Courel poderán participar nos talleres gratuítos e abertos que se estarán a desenvolver no Centro Sociocultural Fondo de Vila (Folgoso), en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas e na sede da Fundación Uxío Novoneyra (Parada), en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

No Centro Cultural Fondo de Vila celebraranse os talleres de cerámica e de estampaxe. Os artesáns vigueses Carlos San Claudio e Nerea Carpente, de Peixe Nero, serán os encargados de impartir os cursos de torno cerámico e de pezas cerámicas en mesa, respectivamente, que se celebrarán do 9 ao 13 de agosto. Sandra Betanzos, de Amorote Printing Workshop (Ames), encargarase de catro obradoiros de estampaxe que terán lugar en días diferentes. O 9 e o 13 de agosto celebrarase o de estampaxe de postais con selos, o 10 o de serigrafía téxtil, o 11 o de estampaxe creativa en téxtil e o 12 de agosto o de elaboración dun selo de follas autóctonas e estampaxe en papel.

Por outra banda, na sede da Fundación Uxío Novoneyra (Parada) terán lugar os obradoiros abertos impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo), que se encargarán dos obradoiros Polos pés, entre o 9 e o 11 de agosto, e o de serigrafía e estampaxe, que se celebrará o 12 e o 13 de agosto.

No programa de actividades inclúense tamén 12 obradoiros de iniciación a diferentes oficios artesanais para os que están todas as prazas cubertas. En Froxán desenvolveranse dous cursos de cestería; na Escola Unitaria de Parada terán lugar os obradoiros de Iniciación á ourivería e os de macramé; no aloxamento rural A Carbiña están previstas seis actividades de formación, dúas por cada temática, degradados e sombreados sobre téxtil; bordado sobre fotografía; e bordado en la. Por último, na Fundación Uxío Novoneyra celebrarase un curso de elaboración de bancos de madeira cuxas pezas pasarán a formar parte do mobiliario da Fundación Uxío Novoneyra.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...