HomeComarca de QuirogaRibas de SilDías grandes das Festas de San Clodio coa 2ª edición do ‘Rock...

Días grandes das Festas de San Clodio coa 2ª edición do ‘Rock & Viño’

A capitalidade do concello de Ribas de Sil comeza a semana con atractivas actividades festivas nas que o viño e a música terán un protagonismo especial. As festas comezaron o 12 de agosto e rematarán o día 16.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta pasada fin de semana comezaban as festas da capitalidade de Ribas de Sil e facíano con dúas actividades culturais que tiveron un notable éxito. Unha delas foi un ‘concerto punk infantil’ no anfiteatro da Praia Fluvial ás 20:00 h. e a outra a obra de teatro ‘Nunca é tarde para o amor’ que levou a escena o grupo de teatro afeccionado Teatro Augas do Sil no salón de actos do concello. Neste último evento cómpre destacar o cheo total e o bo traballo que desenvolveu enriba do escenario todo o elenco participante. Unha comedia de enredos familiares que fixo rir moito ao público asistente.

Un momento da obra. Foto: Concello de Ribas de Sil.

O domingo 13 a xornada centrouse no evento deportivo ciclista da ‘Subida a Torbeo’ que chegou á súa XXVII edición, e nunha tarde de lecer infantil con inchables e festa da escuma na Praia Fluvial. Ao remate esta última actividade houbo merenda e contos para a cativada.

DÍAS GRANDES DAS FESTAS

Para hoxe, luns 14 de agosto, está programado o evento “Rock & Viño” nunha segunda edición que nesta ocasión trasladarase á Praia Fluvial a partir das 19:00 h.

Trátase dun encontro cos viños da comarca, estando presentes as seguintes adegas: Casa de Outeiro, Lar de Ricobao, Val de Quiroga, Casa de Outeiro, EDV2015 e Atrium Vitis

O encontro vitivinícola estará acompañado da música do grupo de Gaitas O Recanto, e a partir das 19:00 h. música en directo ata a madrugada. Así, ás 19:00 h. pinchará o DJ quirogués Adri Díaz, ás 20:00 h. actuarán Os Monifates e ás 21:00 h. o dúo de versións dos clásicos do pop español, Dos en Punto.

Dos en Punto / Círculo Saviñao

O peche musical poñerao a banda The Cruce ás 23:00 h. e Dj Dani Daniel a partir das 2:00 h.

O martes 15 terán o seu especial protagonismo os actos relixiosos e a festa e verbena. Pola mañá fará un pasarrías Brabán Gaiteiros, e ás 12:00 h. terá lugar a procesión e a misa. Xa pola noite, verben coa orquestra Mar Azul. Chegando ao día 16 de agosto toca fin de festa cun evento gastronómico, música e fogos artificiais. Ás 21:30 h. chourizada popular, ás 22:00 h. fará o primeiro pase a orquestra Yucatán e ás 23:00 h. ofrecerá un concerto a Banda Folk de Ribas de Sil. Ás 00:30 h. serán os fogos artificiais desde o río e a continuación terá lugar o segundo pase de Yucatán.

Fogos artificiais 2022. Foto: Concello de Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...