HomesociedadeMonforte honra á Virxe de Montserrat e Tanxugueiras abarrotan a Compañía

Monforte honra á Virxe de Montserrat e Tanxugueiras abarrotan a Compañía

Este 15 de agosto Monforte celebrou os actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais, no que pola noite tiveron lugar os Fogos de San Vicente e o concerto das Tanxugueiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración do 15 de agosto comezou en Monforte coa subida da comitiva oficial encabezada polo alcalde, membros da Corporación Municipal, representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e outras autoridades, á igrexa da Régoa, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas do Concello de Monforte.

15 de agosto 2023 / Concello de Monforte

A tradición marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de colocación da nova iluminación fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á igrexa da Régoa. O párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e despois iniciouse a eucaristía cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte. No atrio da igrexa celebrouse a ofrenda floral na que o alcalde de Monforte depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades así como veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe. O Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas do Concello de Monforte pechou o acto.

Pola noite no día grande das festas tiráronse os Fogos de San Vicente e pouco despois Tanxugueiras abarrotaban a explanada da Compañía. As festas rematan este mércores cos fogos artificiais de auga desde o malecón ás 00:00 para dar paso na Compañía á actuación de Luz Casal.

Fogos de San Vicente 2023 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...