HomePolíticaDesatención no Centro de Saúde de Chantada con dous médicos durante o...

Desatención no Centro de Saúde de Chantada con dous médicos durante o verán

A situación de "degradación da calidade asistencial" no centro de saúde de Chantada fai que a veciñanza denuncie abandandono por parte do Sergas, mentres desde Por Chantada acusan ao goberno municipal de pasividade e indiferenza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante todo o mes de agosto o centro de saúde de Chantada só conta con dous médicos sen cubrir os que están de baixa. “Non é a primeira vez que ocorre aforrando así a Xunta cartos a conta dunha pésima calidade asistencial que fai que se corran moitos riscos porque non hai maneira humana de facer diagnoses e atención de calidade sen tempo e máis en agosto cando vén moita xente demandando asistencia sanitaria”, sinalan desde Por Chantada.

Lamentan que en enfermaría a situación tamén está baixo mínimos, con tres enfermeiros xeralistas e unha de pediatría, sen cubrir unha xubilación desde hai meses e sen cubrir permisos ou ferias. Por Chantada engade, “Con este cadro tremendo, agudizado polo desmantelamento do Hospital comarcal de Monforte, cómpre perguntarse de que vale o Goberno local e o seu silencio cómplice. Segue atando o goberno local a pór as siglas do PP por diante da saúde e do benestar da veciñanza?”.

Mentres, veciños a nivel particular, puxéronse en contacto con este medio para amosar o seu malestar polo que denominan, “Corazón do abandono sanitario, ao non ser posible coller cita na web do SERGAS porque as citas están todas tomadas e sen embargo o centro está todo baleiro. É dicir, non é certo o que di o SERGAS. En Chantada non temos médicos, e como sempre, para o alcalde do PP non é un problema”. Consideran que deben denunciar “unha atención sanitaria vergoñosa como cidadáns que pagan os seus impostos e ven recortados servizos esenciais”.

Centro de saúde de Chantada / JMRP

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...