HomesociedadeA asociación Agora agradece que Monforte teña celebrado "campamentos inclusivos"

A asociación Agora agradece que Monforte teña celebrado “campamentos inclusivos”

A Asociación Agora para Persoas con Discapacidade felicita ao concello de Monforte pola organización dos campamentos deste verán que permitiron a convivencia de desfrute de menores con discapacidade e sen discapacidade. Esperta Monforte tiña presentado no concello varias iniciativas a este respecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 12 menores de entre 6 e 12 anos participaron nos campamentos do Concello de Monforte de Lemos. Dende a Asociación Agora de Persoas con Discapacidade, entidade membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) felicitan ao concello pola organización destes campamentos nos que puideron participar e compartir menores con discapacidade e sen discapacidade.

O recentemente nomeado presidente de Agora, Isaac Rodríguez, traslada estas felicitacións por unha organización de campamentos “inclusivos e participativos”, segundo dixo e expresou tamén que “supoñen un paso máis no recoñecemento de dereitos nos menores con discapacidade porque as actividades de lecer e tempo libre supoñen unha importante vía de comunicación e desenvolvemento social”.

Durante o período de reserva de prazas para os campamentos, concello e asociación mantiveron unha xuntanza na que Agora trasladou aos representantes municipais a importancia de que foran inclusivos, permitindo tanto a asistencia, participación e convivencia de menores con discapacidade como sen discapacidade.

Algunha das familias destes 12 menores participantes trasladáronlle á entidade Agora a súa conformidade co desenvolvemento destes campamentos e o bo traballo dos monitores e monitoras. “Aínda que queda camiño por percorrer, imos dando pasos para conseguir un Monforte máis inclusivo, dándolle protagonismo a un colectivo como é o da discapacidade que empeza a ter máis presenza cando se organizan actividades de lecer”, expresa o Presidente da asociación Agora.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...