HomeDeportesSober acolle o 3 de setembro a Santa Cruz Bike 2023

Sober acolle o 3 de setembro a Santa Cruz Bike 2023

O Concello de Sober colabora con Biciracing e Club Ciclista Ribeira Sacra na celebración da marcha ciclista de bicicleta de montaña ‘Santa Cruz Bike 2023’ que se vai celebrar o día 3 de setembro. Tamén colaboran co evento a Comisión de Festas de Santa Cruz de Brosmos, Calambuco, Spiuk e Adega Don Bernardino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A marcha, que non se celebra desde o ano 2015, percorrerá preto de 40 quilómetros polo concello de Sober nunha ruta circular que partirá de Santa Cruz de Brosmos ás 09:30 horas. Tras un percorrido polo municipio, volverá ao mesmo punto de saída arredor das dúas e media da tarde.

Trátase dun circuíto pechado que atravesará zonas de viñas e espazos de gran valor paisaxístico. Habilitarse zona de limpeza de bicicletas, duchas e acampada.

Poden participar ata 150 persoas maiores de idade tras o pago das taxas, de 15 euros. Os menores de idade maiores de 15 anos deben poñerse en contacto coa organización para participar. As inscricións poden facerse a través do correo electrónico biciracing@gmail.com ou no teléfono 622 32 04 51.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita aos amantes das bicicletas a participar nesta marcha que na súa última edición cubriu todas as prazas e nas que poderás gozar “dunhas vistas únicas do noso Concello”.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...