HomeCulturaSesión especial de cinema ao aire libre, o 3 de setembro en...

Sesión especial de cinema ao aire libre, o 3 de setembro en Bóveda

O Concello de Bóveda, organiza, en colaboración co cineasta e produtor local Alberto Díaz unha sesión especial de cinema ao aire libre para o domingo día 3 de setembro. En concreto vanse proxectar as curtametraxes ‘A rabia’ e ‘Nena’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa xurdiu dunha reunión de traballo que mantiveron o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o cineasta bovedense hai uns meses, na que ambos se comprometeron a achegar estes traballos aos veciños e veciñas da localidade. A proxección farase ao aire libre en pantalla xigante a partir das 22:00 horas na Praza da Filgueira con acceso gratuíto para quen queira asistir.

Está previsto que asista parte do equipo que participou na elaboración destes dous traballos audiovisuais, así como os directores, o bovedense Alberto Díaz e o coñecido humorista e director Xosé A. Touriñán.

A curta ‘A Rabia’ é un proxecto que dirixiu Alberto Díaz, gravada en diferentes escenarios da zona sur e que este ano foi finalista dos Premios Mestre Mateo. Está previsto ademais que se presente como candidata aos premios Goya.

‘Nena’ é un traballo que se rodou en Mondoñedo, que acaba de comezar a distribuírse e xa acadou 10 seleccións e 3 premios. Alberto Díaz é o seu co-produtor con Mordisco Films e produtor executivo xunto con Touriñán na produtora Undodez, así como distribuidor das dúas curtas con Yaq. Os dous traballos están enfocados na Galicia rural.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...