HomesociedadeO concello de Sober inviste 250.000€ na mellora de estradas municipais

O concello de Sober inviste 250.000€ na mellora de estradas municipais

Os traballos, que quedarán concluídos esta semana, correspóndense con obras do Plan Marco e do Plan Único.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As melloras realizadas foron o aglomerado en quente dos accesos ao lugar de Rosende e dende o Campo á Lama de Outeiro, tamén na parroquia de Rosende; os accesos á igrexa de Vilaescura, o camiño de A Cigüeñeira ata A Carreira en Anllo, os accesos a O Lobio e Barantes, e a estrada dende A Carqueixa ao muíño de Figueiroá.

Con dobre rego realizáronse os accesos a Tabouzos dende Lobios e dende Amandi e os accesos a Vilariño dende As Gándaras, na parroquia de Pinol.

Antes de que remate a semana quedará concluído o aglomerado en quente dos accesos á Costa dende O Mollón en Neiras e os accesos a A Pena de Gundivós.

A mellora de camiños de titularidade municipal segue sendo unha das prioridades do equipo de Goberno local tal e como aseguran.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...